Skip to main content
Lugo

O PP critica os orzamentos municipais “porque se fixeron sen pensar nos lucenses”

Por 22 Decembro, 2023Sin comentarios

Os populares presentaron 10 enmendas aos orzamentos “para mellorar servizos e prestacións para a veciñanza” que se debatirán no pleno do vindeiro xoves.

Elena Candia contestou, un a un, os cualificativos cos que a alcaldesa definiu os orzamentos de Lugo para 2024. A voceira popular explicou que non son verdes xa que destinan “uns ridículos” recursos a un dos principais retos neste capítulo como é o do abastecemento e saneamento. “De pouco sirve presumir de edificio verde cando noutros barrios carecen de saneamento” reflexionaba a popular.

Considera tamén que non son sostibles. “A sostibilidade defínese como o desenvolvemento que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das futuras xeracións. Este goberno presenta un orzamento que, despois de dilapidar os remanenertes de tesourería, precisa dun crédito de 13,5 para cumprir os seus compromisos, comprometendo claramente o futuro dos lucenses”.

Di tamén que non son progresistas porque “seguen creando un Lugo de desigualdades. Nunhas zonas agasállaselles con todo e noutras nin auga”.

En conclusión, para o PP son uns “malos orzamentos tal e como reflicte o informe de intervenció”n aclarando que “se para a persoa encargada de fiscalizalos non lle merecen fiabilidade, nin confianza que van pensar os cidadáns?”

Elena Candia manifestou que os orzamentos para o 2024 fixéronse con ás presas e con nocturnidade.

A falta de tempo para analizar os datos presentados certifica que se non se puido facer por parte de intervención unha análise detallada tal e como se recolle no informe do interventor onde se indica:

“Páxina 1 indica que “tendo en conta o escaso período de tempo transcorrido entre a finalización e formalización completa do expediente e as que se comunican como datas de obrigada convocatoria da Xunta de Goberno local …”

“Páxina 14 cando apunta o capitulo 1 di, a relación incluída no proxecto de orzamento se corresponde cos datos remitidos polo servizo de persoal o 14 de decembro sen que fora posible polo prazo dispoñible ningunha valoración, análise, nin contraste sobre tales datos máis que os de carácter aritmético de coincidencia”.

A popular tamén enumerou as dez emendas aos orzamentos de 2024

A voceira popular explica que son propostas “coherentes” co noso modelo de cidade e que buscan mellorar diferentes servizos e prestacións á veciñanza. Estas son as paropostas que explicaron:

  • Propoñemos construción da nova Protectora de Animais e Plantas coa partida de 773.663 € destinados a hortos ecolóxicos comunitarios.
  • A redacción dun Plan Municipal de Saúde Mental, extraendo 50.000 € da partida de traballos realizados por outras empresas en protocolo da alcaldía.
  • Queremos que se incrementen as partidas de persoal para cumprir cos compromisos relacionados con contratacións temporais e nomeamento de interinos para iso propoñemos: por un lado eliminar un partido dun órgano directivo que reserva 70.000 € para este posto e tamén se solicita destinar 1.6 millóns de euros que se paga á empresa que repara fugas de auga 24 horas para reformzo do personal de augas. Con este equipo municipal consolidado, ademais das tarefas de mantemento, se poderían facer obras de saneamento e abastecemento na zona rural.
  • Para a renovación do abastecemento do polígono do Ceao solicítase que a partida de investimentos de obras e renovación das redes de abastecemento na zona norte (230.000 €) se dedique de forma íntegra esta actuación.
  • Dotar dunha partida específica de 343.914 € para poñer en marcha o Auditorio Municipal de Magoi que se extrae dunha partida de gastos diversos.
  • Solicitamos que se faga unha encomenda de xestión a Evislusa que permita intervir nalgún dos edificios abandonados ou en estado de ruinas situados no Entorno Residencial de Rehabilitación Programada do barrio da Milagrosa e Feijóo (ERRT) para súa rehabilitación e posterior destino para unha Comisaría da Policía Local.
  • Pedimos que se reserven partidas para que no exercicio 2024 para que estea en disposición un aparcadoiro en Fontiñas así como os estudos para habilitar outras zonas de aparcamento nas inmediacións do centro como na rúa Castelao;
  • Para a mellora da entrada de Lugo pola Fervedoira no tramo que é competencia do Concello
  • Para a redacción do proxecto para dotar de servizos de conciliación aos polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras
  • Tamén se fai unha emenda ao documento das bases de execución para que as entidades sociais poida anticipar os importes das subvencións nominativas previo a súa xustificación. Na actualidade e debido ao retraso do pago destas axudas por parte do goberno local as asociacións teñen que asumir os pagos e en ocasións non poden levalas a cabo por falta de recursos.

CONTESTACIÓN DE ARROXO

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, valorou as emendas do Partido Popular aos orzamentos do Concello de Lugo para o ano 2024. Arroxo afirmou que “a proposta do Partido Popular demostra que están a asumir que van perder o goberno de Galiza, e que non van ser capaces de xestionar este tipo de programas”. Segundo Rubén Arroxo, “con esta emenda, o PP pretende que os concellos asuman unha competencia que é propia da Consellería de Sanidade, un novo exemplo do abandono ao que a Xunta de Galiza someteu á sanidade pública nos últimos anos”.

Arroxo afirmou que o BNG, a partir do 18 de febreiro “abrirá un tempo novo desde o Goberno Galego e atenderá á sanidade como merece, dando a volta a 14 anos de políticas do PP, paralizando os recortes e as privatizacións na sanidade pública”.

O modelo do BNG en sanidade pasa por un incremento no financiamento, persoal suficiente, máis servizos sanitarios nos centros de saúde e a reversión progresiva das privatizacións, nas urxencias hospitalarias ou no transporte sanitario urxente. Dotar a Atención Primaria de máis servizos sanitarios, sobre todo de psicoloxía clínica, recuperar as xerencias e dar un trato preferente á saúde mental e á saúde das mulleres son tamén actuacións que o BNG levará no seu programa de goberno, segundo expuxo Rubén Arroxo.