Skip to main content
Lugo

Continúa a presentación do novo calendario do Arquivo Municipal polas parroquias de Lugo

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza vén de presentar o Calendario de 2024 con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título A terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias de Lugo.

Rubén Arroxo e Cristina López desprazáronse ata as localidades de Benade e Orbazai para agradecer a súa participación e a de 14 parroquias máis que se implicaron na elaboración deste calendario. A concelleira de Participación afirmou que “dado o éxito de cada edición, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo nos vindeiros anos”.

López destacou que “o noso rural e as nosas xentes son un piar básico da nosa sociedade, polo que quixemos homenaxealos dándolles o protagonismo que se merecen formando parte deste proxecto”. A concelleira tamén quixo facer especial fincapé “na importante labor dos nosos devanceiros que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas”.