Skip to main content
Portomarín

Portomarín contará cunha terceira edición da BeerFest en maio

Por 31 Decembro, 2023Xaneiro 1st, 2024Sin comentarios

Portomarín contará con terceira edición da BeerFest, que se celebrará do 3 ao 5 de maio de 2024 con obxectivo de seguir crecendo en presenza de cervexeiros e de público logo do éxito das citas precedentes.

Pero a organización non só adiantou a data de celebración, tamén deu a coñecer os produtores que formarán parte desta cita, que vai encabezada polos británicos Verdant e Beak. Pero tamén destacan outros moitos como a grega Seven Island ou Garage, Caleya, Pyrene, Rec, Espiga, Sanfrutos, Attik e Alé.

A oferta volve ser ampla para cubrir os gustos de todos os amantes da cervexa e completarase cunha oferta lúdica que se dará a coñecer en próximas datas, así como o apartado musical.

O Portomarín Beer Fest pretende posicionarse como un festival cervexeiro de referencia no chan da comunidade galega. Xorde como iniciativa dun grupo de afeccionados, algúns coñecedores do sector, tras traballar durante anos en locais especializados en cervexa artesá que buscan, organizándoo, dar resposta a un baleiro de eventos desta índole en Galicia.