Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A Apalpadora visita este Nadal 25 asociacións da provincia

Por 6 Decembro, 2023Sin comentarios

A deputada de Cultura, Iria Castro, anunciou unha nova edición do programa de visitas da Apalpadora a 25 asociacións da provincia que puxo en marcha a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este proxecto naceu co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

A Apalpadora acompañou á deputada na presentación desta actividade que comeza este domingo, 10 de decembro, no Vicedo, e rematará o 30 de decembro tras pasar polos concellos de Viveiro, Pol, Foz, Guitiriz, Cospeito, Lugo, Vilalba, Samos, Monterroso, O Saviñao, Mondoñedo, Castro de Rei, Cervantes, Láncara, Castroverde, A Pontenova, Riotorto e Castro de Rei.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe, un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.

A súa historia transmitiuse a través da tradición, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán. Na última década, asociacións e colectivos culturais de distintos puntos de tomaron a iniciativa para recuperar este personaxe e as lendas e ritos que a rodean.

Iria Castro destacou que se trata dun calendario de visitas que nace “co obxectivo de achegar a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia” e valorou “a oportunidade que esta personaxe ofrece para reivindicar as nosas tradicións e tamén valores ligados ao coidado do territorio”.

O espectáculo

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.

Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

Calendario

Domingo, 10 de decembro

O VICEDO
– AA.VV. San Román do Vicedo: Casa da Cultura do Vicedo ás 17 horas
– AA.VV. O San Miguel: Local Social da asociación ás 18:30 horas

Luns, 11 de decembro

VIVEIRO
– EEI San Roque: Biblioteca do centro

POL
– ANPA CEIP Rosalía de Castro: Instalacións do centro

Xoves, 14 de decembro

FOZ
– CEIP Fondo Nois: Ximnasio do centro

Luns, 18 de decembro

COSPEITO
– CPI Plurilingüe Virxe do Monte: Ximnasio do centro

LUGO
– ANPA CEIP Illa Verde: Auditorio Gustavo Freire ás 18 horas

Martes, 19 de decembro

VILALBA
– CEIP Terra Chá: Aula Multiusos

Xoves, 21 de decembro

SAMOS
-CEIP de Samos: Comedor Escolar

Venres, 22 de decembro

MONTERROSO
-Asociación Cultural Falcatrueiros: Centro Sociocultural ás 17 horas

Sábado, 23 de decembro

O SAVIÑAO
– Asociación Lavandeira: Local Social de Currelos ás 16:30 horas

COSPEITO
– Asociación Cultural A quilino Iguesia Alvariño: Casa da Cultura de Muimenta ás 19:30 horas

Domingo, 24 de decembro

VIVEIRO
– Asociación Cultural Pro: Praza Maior ás 12:30 horas

MONDOÑEDO
– Asociación Cultural O Pasatempo: Auditorio ás 17 horas

Luns, 25 de decembro

CASTRO DE REI
– Asociación San Martiño de Goberno: Escola de Goberno ás 17 horas

GUITIRIZ
– AA.VV. Os Vilares: Escola Habanera da Conchada ás 19:30 horas

Martes, 26 de decembro

CERVANTES
– ANPA CPI de Cervantes: Instalacións do centro ás 12 horas

LÁNCARA
– Asociación Cultural Val de Láncara: Antiga Escola ás 17 horas

CASTROVERDE
-ANPA CPI de Castroverde: Instalacións do centro ás 19:30 horas

Venres, 29 de decembro

A PONTENOVA
– Eco das Minas (A Chocolateira): Salón de Actos da Casa da Cultura ás 12 horas

RIOTORTO
– AA.VV. De Santa Comba da Órrea: Antiga Escola de Órrea ás 17 horas

Sábado, 30 de decembro

LUGO
– Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplantenses: Casa das Asociacións (Rúa Montefaro) ás 12:30 horas

CASTRO DE REI
– Asociación de Amingos da Feira: Teleclube ás 16:30 horas

COSPEITO
– AA.VV. Recreativo e Cultural San Maritño de Pino: Escola de Pino ás 19 horas