Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Os menores de 21 e maiores de 65 viaxarán gratis en bus

Por 9 Decembro, 2023Sin comentarios

Os orzamentos da Xunta de Galicia unha iniciativa que revolucionará o transporte público por autocar de cara o ano próximo. A partir do vindeiro 1 de xaneiro, todos os maiores de 65 anos poderán viaxar de balde nas liñas interurbanas do bus da Xunta.

Con esta medida, esténdese aos maiores unha gratuidade que xa se aplicaba aos menores de 21 anos a través da tarxeta Xente Nova. O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento de Galicia e deputado lucense, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego busca impulsar a mobilidade sustentable na comunidade e facilitar os traslados ás persoas maiores, especialmente no rural, que moitas veces dependen do transporte público para acudir ao centro de saúde, facer algún trámite ou desprazarse a unha actividade de lecer.

Balseiro tamén explicou que o novo programa de transporte público supuxo unha “revolución” no ámbito da mobilidade por autobús xa que desde a súa posta en marcha, as liñas de autobús interurbano de competencia autonómica chegan a lugares onde antes no chegaban, especialmente no rural, con máis paradas, mellores horarios e a prezos máis accesibles.

O deputado puxo como exemplo o avance experimentado en comarcas como a da Mariña lucense que de ter un servizo obsoleto pasou a contar cunha liña continua de autocar que une as localidades de Viveiro e Ribadeo, pasando por todos os concellos do litoral, cada dúas horas. Unha situación que contrasta coa desatención que en materia de transporte demostra o Goberno Sánchez no ámbito da súa competencia, como é o tren FEVE, que sofre precariedade e atópase case desmantelado.