Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXALugo

A Deputación e a Federación de Comercio reparten 60 premios de 150 euros

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos no terceiro sorteo realizado no marco da campaña Mellor Comercio da túa vila, impulsada pola Deputación de Lugo e a Federación de Comercio. No acto, realizado ante notario, tamén estivo presente o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas López.

No sorteo celebrado hoxe participaron preto de 17.000 persoas, que fixeron un gasto de medio millón de euros no comercio minorista da provincia de Lugo. En total, hoxe adxudicáronse 20 vales de compras de 300 euros e 40 de 150 euros e os gañadores pódense consultar na web mellorcomerciodatuavila.com A Deputación financia esta campaña, con 50.000 euros, co obxectivo de promocionar o sector comercial de proximidade da provincia e incentivar as vendas na recta final do ano.

Hoxe tamén se deron a coñecer os 17 negocios da provincia máis valorados pola clientela, que recibirán este xoves 14 de decembro, premios de 500€ cada un na Gala do Comercio que terá lugar no Pazo de San Marcos. Os locais recoñecidos foron: Isabella (Burela), Don Bolso (Chantada), Nadira Aliayde (Quiroga), Chuvia (Foz), Parafarmacia-Mercería Conde Santo (Lourenzá), Confecciones García (Lugo), Dr. Zapato (Viveiro), Rocío R. Calzados e Complementos (Meira), Librería Entre Libros (Monforte de Lemos), Desexos (Muimenta), Librería Soños (A Pastoriza), Da Ponte (A Pontenova), Carnicería Xulfe (Rábade), O Ferrado Marelo (Ribadeo), Panadería Pallares (Sarria), Nuria Fente (Taboada) e Casabedra Moda (Vilalba).

Mañá martes, ás 19.30 horas, na Praza de San Marcos, terá lugar o sorteo dun único premio de 3.000€ en compras no comercio lucense entre os participantes nesta campaña e será requisito imprescindible, para poder optar a este bono, estar presente.