Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo renova a súa xerencia trala saída de Marta Rouco

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

O Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento renovou este venres a súa xerencia e coordinación nun acto que presidiu na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o Presidente da propia entidade e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e coa presenza do Secretario Xeral da institución provincial e do Consorcio, José Antonio Mourelle Cillero.

A que foi ata hoxe a xerente, Marta Rouco, asinou a súa excedencia tras tomar posesión hai dous meses como alcaldesa de Vilalba. Así mesmo, o Presidente designou como nova xerente do Consorcio a Julia Vázquez Silvarrey, e como coordinadora dos Parques de Bombeiros a Carmen Lage, ambas empregadas públicas da Deputación de Lugo.

O presidente deu as gracias a Rouco polo seu “traballo e esforzo” no Consorcio e desexoulle “o mellor” na súa etapa como rexedora, ao tempo que agradeceu a Vázquez Silvarrey e Lage a súa total disposición á nova responsabilidade que lles encomendou e cominounas a que desenvolvan o mellor labor posible.