Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Galicia é a primeira comunidade autónoma en aprobar os seus orzamentos

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

Galicia convértese na primeira comunidade autónoma en aprobar os seus orzamentos para 2024 logo de que o Parlamento galego dera hoxe o visto e prace definitivo ás contas do vindeiro ano.

“Estes orzamentos son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 13.257 millóns de euros para Investir en estabilidade, nas persoas e no futuro. Así, os recursos orzamentarios de 2024 garanten o crecemento estable; consolidan todas as rebaixas de impostos en vigor e inclúen novos incentivos fiscais; reforzan o gasto social e os investimentos e todo iso sen recorrer ao endebedamento por primeira vez en 16 anos”, explican desde a Xunta.

Engaden que os presupostos do ano que vén invisten en estabilidade cunhas finanzas solventes, que non xeran débeda e que consolidan os beneficios fiscais aos galegos e ás galegas para ser unha das comunidades cun mellor tratamento ás rendas medias e baixas. “Investir en estabilidade permite ter contidos os gastos en xuros cun aforro de 490M€ na lexislatura; ser a comunidade autónoma que menos incrementou a débeda desde o ano 2008; ou estar entre as comunidades con menor necesidade de esforzo para a consolidación fiscal”, din.

En segundo lugar, aseguran que invisten nas persoas para reforzar os servizos públicos autonómicos e reforzar tamén o apoio aos galegos e galegas que máis o precisan; apostan pola modernización do servizo de saúde; a inclusión de novas prestacións; o reforzo dos servizos sociais, en especial a atención aos maiores; reforzan o apoio ás familias e as políticas de vivenda; e impulsan medidas de integración no mercado de traballo e loita contra a exclusión.

“E, en terceiro lugar, son unhas contas que invisten no futuro, que sentarán as bases do crecemento e do emprego futuros, fomentando o desenvolvemento dos proxectos transformadores que Galicia está a impulsar para a transición dixital, ecolóxica e enerxética, aproveitando os fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia”, conclúen.

O maior reforzo do gasto social e dos investimentos

As contas do vindeiro ano reforzan un ano máis tanto o gasto social tradicional como o gasto para o fomento do emprego. “Así, estas contas inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 9.774 millóns de euros”, afirman.

Por outra banda, inclúen tamén un reforzo do investimento produtivo, de forma que o vindeiro exercicio, a Comunidade disporá de 2.838 millóns de euros para investimentos, un 2,4% máis que no 2023.

En materia de política fiscal, a Xunta di que conta cun modelo fiscal propio e previsible, que inclúe rebaixas tributarias que priorizan cada ano ás rendas medias e baixas e con colectivos prioritarios: os mozos e mozas menores de 36 anos; as familias numerosas; as persoas con discapacidade ou as vítimas de violencia de xénero. Neste sentido, os orzamentos do ano que vén consolidarán todas as rebaixas fiscais postas en marcha ata o momento e incluirán novos incentivos fiscais.