Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Publicada a resolución das axudas a asociacións de Vicepresidencia da Deputación

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a listaxe definitiva das axudas de concorrencia competitiva para colectivos e asociacións culturais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Finalmente foron concedidas 338 axudas para a organización de actividades culturais e para investimentos en equipamento e mellora de locais sociais, cun importe total de 375.000 euros.

Entre as propostas financiadas esta anualidade inclúense clases de música e baile tradicional, obradoiros de teatro, narración oral ou pintura, documentais, publicación en papel, certames, xornadas sobre historia ou patrimonio, celebracións populares e outras actividades de posta en valor das tradicións e do patrimonio inmaterial reciben financiamento a través desta convocatoria dirixida ao tecido asociativo e cultural de base.

Así mesmo, as axudas para investimentos centráronse na adquisición de moblaxe e materiais de uso técnico ou artístico necesario para o uso social e cultural dos locais das asociacións.

O importe das achegas oscila entre os 500 e os 3.000 euros, en función dos criterios establecidos nas bases da convocatoria. A deputada Iria Castro lembrou que “dende a área de Cultura case se dobrou o orzamento respecto a anos anteriores, o que permitiu, ao mesmo tempo, practicamente duplicar o número de asociacións beneficiarias”.

“Estas iniciativas permiten garantir o acceso á cultura en todo o territorio, así como o uso da lingua e a promoción do patrimonio”, sinalou a responsable provincial.