Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O BNG aproba no pleno provincial unha moción en apoio ao pobo palestino

Por 27 Decembro, 2023Sin comentarios

O BNG sacou adiante no pleno provincial, cos seus tres votos, unha moción en apoio ao pobo palestino. Fronte á abstención de PP e PSdG, que evitaron aclarar o seu posicionamento, a proposta do BNG condena o xenocidio que se está perpetrando contra o pobo palestino e remarca a necesidade da apertura de corredores humanitarios e dun cesamento do fogo permanente.

Insta ao goberno do Estado e á Unión Europea a romper relacións diplomáticas con Israel e a recoñecer Palestina como Estado con todos os seus dereitos. Pide tamén a intervención da Corte Penal Internacional ante o xenocidio planificado polo goberno de Benjamin Netanyahu.