Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Comeza o martes a campaña de vacinación fronte á lingua azul

Por 31 Decembro, 2023Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural comezará o vindeiro 2 de xaneiro unha nova campaña de vacinación en saba gratuíta fronte á lingua azul destinada ao gando bovino e ovino de toda Galicia.

A campaña arrancará nas explotacións das zonas restrinxidas desta enfermidade declaradas o pasado mes de novembro. As áreas incluídas nesta delimitación corresponden á provincia da Coruña e ás comarcas veterinarias da Mariña Central, A Mariña Oriental, A Mariña Occidental, Terra Chá Guitiriz, Terra Chá Castro, Terra Chá Vilalba, Meira, Lugo, A Ulloa, Os Ancares e A Fonsagrada, na provincia de Lugo. A campaña comezará en Santa Comba e Mazaricos, na Coruña; e na Pastoriza, Portomarín e Barreiros, en Lugo.

Un mes despois iniciarase tamén a campaña do 2024 na zona restrinxida declarada en febreiro de 2023, e polo tanto xa vacinada ao longo deste ano. Deste xeito, revacinaranse os animais das provincias de Ourense e Pontevedra, e das comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga, en Lugo. Neste caso, ademais de realizarse a revacinación dos animais, vacinaranse tamén por primeira vez aos animais que estean sen facelo, por ter nado con posterioridade ás visitas efectuados polo persoal de vacinación ou por ser incorporados dende a zona libre.

Outras opcións de vacinación

A Consellería do Medio Rural recorda que as persoas gandeiras que o desexen poden recorrer aos servizos de persoal veterinario libre ou ás agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG), tanto para vacinar a explotación completa como para facelo posteriormente cos animais nados trala a vacinación en saba. Neste caso, cómpre sinalar que a Xunta autorizou para realizar dita vacinación a todo o persoal veterinario que o solicitou e que a Consellería do Medio Rural entregará gratuitamente a vacina a ese persoal.

A Xunta recorda a importancia de realizar a vacinación, ben a través do servizo público, ben acudindo aos servizos de persoal veterinario libre ou de ADSG, antes de que comece a época do vector, co obxecto de ter protexidos aos animais e evitar a difusión da enfermidade, por un lado, e que as explotacións non se vexan afectadas nos movementos dos seus animais, por outro.