Skip to main content
Chantada

A Casa de Cultura de Chantada expón as creacións do alumnado dos cursos de pintura

Por 13 Decembro, 2023Sin comentarios

Durante este mes de decembro na Casa da Cultura de Chantada pódese visitar a exposición dos traballos de pintura en tea e óleo realizados polas persoas que formaron parte dos cursos gratuítos para adultos maiores e xubilados.

Estas propostas realizáronse ao longo do outono na aula dos Servizos Sociais do Concello. Dende o Goberno Local agradecen a todos os participantes, aos 30 alumnos e alumnas do obradoiro de pintura en tea e aos 26 que participaron no de óleo.

O obxectivo desas formacións é promover actividades ocupacionais, artísticas, lúdicas e fomentar as relacións interpersoais e de convivencia entre todas as persoas.