Skip to main content
Folgoso do Courel

Un novo mural adorna o palco da música de Vilamor, no Courel

Por 1 Decembro, 2023Decembro 2nd, 2023Sin comentarios

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel vén de rematar un traballo voluntario e colectivo dirixido por Carola Carrot, que consistiu na elaboración dun mural a partir de material e técnicas vernáculos.

Esta actividade, enmarcada nas iniciativas previstas para este 25 aniversario da Asociación, tivo lugar palco da música de Vilamor coa colaboración e apoio económico da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo.

O traballo representa as Montañas de Courel no friso e o bosque autóctono de frondosas no mural, destacando o castiñeiro, co que se pretende que sexa un símbolo do novo Courel tras a vaga de lumes que afectou a serra no verán de 2022.