Skip to main content
Folgoso do Courel

Os populares apoian a aposta polo rural na Festa da Pisa da Castaña de Froxán

Por 9 Decembro, 2023Sin comentarios

O deputado no Congreso Francisco Conde e a deputada autonómica Raquel Arias participaron este venres na 24ª edición da Festa da Pisa da Castaña de Froxán, en Folgoso do Courel.

Os populares trasladan os seus parabéns á asociación organizadora desta festa que rememora unha actividade relacionada cun importante aproveitamento agrícola, concretamente, a castaña dos soutos do Courel.

Os representantes do PP puxeron en valor este “magnífico produto” e tamén a aposta da Xunta de Galicia por impulsar este sector a través de iniciativas coma a plantación de castiñeiros á que dirixirá 1 millón de euros.

A Xunta que preside Alfonso Rueda está apostando polo rural e, concretamente neste Concello, pola recuperación da terra a través de aldeas modelo como a de Moreda, soutos e razas autóctonas.

Nese sentido, os populares lembran que “a política de la Xunta seguirá centrada en fixar poboación no rural”.