Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

A furgoteca achega a lectura aos máis cativos de Folgoso do Courel os días 14 e 18

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

O servizo da furgoteca, a biblioteca móbil de Galicia, volve achegarse ao Concello de Folgoso do Courel. O vindeiro xoves 14 e o luns 18 o servizo regresa para achegar a literatura aos máis pequenos.

O día 14 volve achegarse á vila para realizar un percorrido polos núcleos e aldeas e ofrecer un servizo personalizado porta a porta. De 11.00 a 11.30 horas estará en Seoane do Courel; de 11.45 a 12.00, en Parada; de 13.00 a 13.30, en Meiraos e de 13.45 a 14.25 horas, en Miraz. A última parada serán en Visuña de 15.00 a 15.30 horas.

A ruta do luns 18 comeza en Visuña, onde o servizo funcionará de 11.00 a 11.20 horas; en Ferreirós de Arriba estará de 11.45 a 12.10; en Folgoso, de 12.30 a 13.30 horas; en Vilamor, de 13.45 a 14.00 horas e na aldea de Froxán, de 14.15 a 14.30 horas. As últimas paradas serán na Campa, onde estará de 14.45 a 15.10 e en Santa Eufemia, de 15.30 a 15.50

O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia continuará ata final de ano percorrendo o rural das provincias de Lugo e Ourense. Organízase de tal xeito que un dos días A furgoteca asentarase nos lugares de maior afluencia de público, onde se celebran feiras e mercados e hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais.

A iniciativa mantense en funcionamento nos concellos lucenses de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.