Como parte da programación e das iniciativas que se poñen en marcha nestas datas, os veciños e veciñas do Courel xa poden gozar do Belén do municipio. A obra está exposta no Concello de Folgoso.
Os interesados poden visitar as pezas en horario de oficina, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. Este ano, o Belén inclúe unha gran novidade, xa que conta cun Miradoiro ao Xeoparque Montañas do Courel.