Skip to main content
Folgoso do Courel

Descóbrese un sistema defensivo “complexo” no castro de Vilar de Folgoso do Courel

Por 18 Decembro, 2023Decembro 19th, 2023Sin comentarios

O castro de Vilar do Concello de Folgoso do Courel vén de ser analizado para estudar as súas dimensións, que revelan que contiña unha poboación moi grande, tal e como explica o director da intervención, Iván Álvarez Merayo, que tamén forma parte da Asociación Coureleando.

Os traballos da investigación supuxeron limpar por completo o castro, ao redor de 17.800 metros cadrados, e a realización dunha topografía detallada a través de fotografías aéreas feitas por un dron, así como se fixeron rastrexos con tecnoloxía LiDAR con raios láser.

Así, grazas a estes traballos, púidose ver que o antigo asentamento tivo unhas dimensións moi grandes e que a poboación, de arredor de mil persoas, que vivía nel, construíu un sistema defensivo “complexísimo”, sostén Merayo.

Actualmente, o que queda en pé deste castro son varias vivendas da poboación que o habitaba e o sistema de defensa, que contén varios fosos e murallas de ata 4,5 metros de altura, así como unha rampla e dúas torres. Ademais, tamén tiña tres portas que se pechaban con follas de madeira ou reixas que se movían de arriba a abaixo, como indican unhas amosegas que están baixo a pedra.