Skip to main content
Folgoso do Courel

Coureleando organiza a primeira ruta do ano 2024 o vindeiro 13 de xaneiro

Por 31 Decembro, 2023Xaneiro 1st, 2024Sin comentarios

Coureleando anuncia a primeira ruta que organizan no ano 2024 o vindeiro 13 de xaneiro, que será a Ruta da Cruz de Outeiro a Vilarbacú, unha ruta de dificultade media por sendeiros recén preparados para o Quiroga Trail Challenge do Castelo.

Seguindo o trazado da Ultra Trail do Castelo farase unha ruta de 10 quilómetros e 800 metros acumulados que partirá desde a Cruz de Outeiro pasando polas fervenzas do Pombar e a Pedriña, así como outras máis pequenas.

Así, os participantes poderán ver as vellas miñas de antimonio de Vilarbacú e, ao rematar, os que queiran pararán para tomar algo na Cantina da Cruz de Outeiro.

O técnico deportivo de media montaña de Coureleando, Guillermo Díaz, será o encargado de guiar a ruta, que comezará ás 09.30 horas desde o albergue de Quiroga.