Skip to main content
Monforte

Monforte acolle unha nova concentración contra a situación en Palestina da man de Mar de Lumes

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

A organización Mar de Lumes vén de anunciar a convocatoria dunha concentración en solidariedade co pobo palestino para este luns, 11 de decembro, ás 20.00 na Praza de España de Monforte de Lemos baixo o lema ‘Paremos o xenocidio na Palestina’.

A situación en Palestina é motivo de preocupación a nivel global, mentres o estado de Israel non cese a súa criminal agresión e os nosos gobernos sigan a ollar para outro lado chamamos a continuar coa mobilización social e a denuncia do xenocidio co obxectivo xa declarado de anexar Gaza de maneira definitiva”, explican desde a asociación.

Segundo os organizadores desta nova manifestación, o que está a pasar en Palestina é “un xenocidio planificado que xa deixa decenas de millares de mortos, milleiros de nenos e nenas e destrución sen límites”.