Skip to main content
Monforte

Polina Berezina impartiu unha masterclass de ximnasia rítmica en Monforte

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

O concelleiro de Deportes de Monforte, José Manuel Mougán, e a concelleira de Muller e Igualdade do municipio, Margarita López, clausuraron unha masterclass impartida no pavillón polideportivo municipal de A Pinguela organizada polo Club Quicela, que contou coa colaboración do Concello de Monforte.

Esta iniciativa foi presentada e a clase impartida por Polina Berezina, ximnasta da selección española clasificada para os Xogos Olímpicos de París 2024, que compite na modalidade individual.

Os representantes municipais fixeron entrega á ximnasta dun trofeo conmemorativo da súa visita a Monforte, unha réplica da Torre da Homenaxe, e o libro da Historia de Monforte, de Germán Vázquez.