Skip to main content
Monforte

A XXIII Mostra de Panxoliñas de Monforte volveu encher o auditorio no Multiusos

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

O equipo de Goberno local do Concello de Monforte estivo na XXIII Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.

Nela, nenas e nenos de Infantil e Primaria de diferentes centros de ensino da cidade interpretaron composicións musicais de Nadal cun gran éxito, como cada ano. Así, esta vixésima terceira convocatoria encheu novamente o auditorio do Edificio Multiusos de público.

Nesta 23ª edición os centros de ensino participantes foron o Colexio PP. Escolapios, a Fundación Educativa Torre De Lemos, o Colexio P. Ferroviario e o CEE Infanta Elena. Tras as actuacións a cargo de alumnos e alumnas de infantil e primaria, o alcalde obsequiou a cada centro cun trofeo conmemorativo da ocasión, acompañado pola Concelleira de Cultura.