Skip to main content
Monforte

Entregáronse os premios do Cume Tapas Exprés de Monforte

Por 24 Decembro, 2023Sin comentarios

José Tomé Roca participou na entrega de premios do Cume Tapas Exprés, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL) coa colaboración da Deputación de Lugo.

Nesta edición, celebrada do 26 ao 29 de outubro en Monforte, o recadado polas inscricións dos participantes foi destinado á loita contra o cancro de mama.

No acto de entrega dos premios, José Tomé felicitou aos galardoados, votados polos consumidores: a Cervecería Mulligan’s, coa tapa Explosión de esperanza; e Abadía San Simón, con Solomillo real con salsa de setas de tempada. Durante o acto, tamén se fixo entrega do cheque ao gañador da estancia para dúas persoas no Hotel Talaso Atlántico Spa****, de Oia, en Pontevedra.

Ademais do mandatario provincial, participaron no evento o presidente da APEHL, Cheché Real Castro, a tenente de alcalde do Concello de Monforte de Lemos, Gloria Prada, e a delegada da asociación de loita contra o cancro en Monforte de Lemos, Marisa Sobrino.

A Deputación colabora coa APHEL cunha achega de 40.000€ para levar a cabo diferentes accións promovidas polo colectivo co obxectivo de favorecer a promoción turística e gastronómica da provincia, entre eles este concurso Cume Tapas Exprés.