Skip to main content
Monforte

Mar de Lumes e a Asociación Xacia organizan unha charla sobre a situación de Palestina en Monforte

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

As asociacións Xacia e Mar de Lumes organizan unha charla coloquio sobre a situación en Palestina no Centro do Viño de Monforte esta tarde, de 28 de decembro.

O obxectivo é concienciar sobre a situación en Palestina, instando á poboación a non silenciar o problema e promovendo a solidariedade ante o xenocidio. Ademais, destácase a importancia de abordar o futuro de Palestina como un elemento crucial para os pobos en resistencia contra a axenda imperialista.

O acto, que terá lugar ás 20.00 horas, é aberto a todas as persoas interesadas e alí poderán coñecer Mar de lumes, unha organización galega de solidariedade internacionalista que rexeita a inxerencia estranxeira.