Skip to main content
Monforte

Volve o Mercado de Nadal a Monforte con diversas actividades

Por 29 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte volve a abrir as portas do Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía.

O alcalde, José Tomé Roca, destaca que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

Deste xeito, ao igual que a pasada semana, o Mercado de Nadal de Monforte abre en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, horas nas que o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade.

Programación para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O venres 29 ás 12.00 horas celebrarase o obradoiro de decoración de calcetíns navideños personalizados a cargo da artesá Beatriz Pérez, dirixido a nenos e nenas, e todas as persoas interesadas en participar nel poderán pasar 15 minutos antes a inscribirse nas propias instalacións do Mercado.

Pola tarde, ás 18.30 horas, terá lugar o contacontos ‘Un saco de contos’ con María da Pontragha, un espectáculo de contos e música de historias da nosa cultura e tradición. Co seu espectáculo leva contos e cancións de tradición oral para crianzas.

Por outra parte, o sábado 30, ás 12 horas terá lugar o obradoiro de personalización e pintado de Bolas de Nadal a cargo do artesá Noe. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas, e todas as persoas interesadas en participar nel poderán pasar 15 minutos antes a inscribirse nas propias instalacións do Mercado.

Xa pola tarde, ás 18.30 horas celebrarase o Espectáculo de maxia ‘Why Not? 2.0’ con Samuel Moreno, artista de Tomiño quemestura maxia con música, tecnoloxía e humor, diversión e interacción cos asistentes para achegar o ilusionismo a maiores e pequenos nun espectáculo ideal para público familiar.