Skip to main content
Monforte

A actuación do grupo Malenne pechou o Mercado de Nadal de Monforte

Por 31 Decembro, 2023Sin comentarios

O equipo de Goberno de Monforte, concretamente o alcalde, a primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, Consumo, Regina López, e Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz, estiveron no concerto do grupo monfortino Malenne, que tivo lugar na rúa Cardeal.

Estes concertos de grupos monfortinos de Nadal, xunto co celebrado a pasada semana no mesmo escenario a cargo de Doc Magoo’s, foron unha novidade incorporada o pasado ano polo Concello á súa programación de Nadal, e tiveron unha grande aceptación e éxito de público, polo que este ano o Equipo de Goberno decidiu volver a celebralos.

Son, ademais, o colofón do Mercado de Nadal da Praza de Abastos, que se celebrou esta fin de semana. Tanto o Mercado de Nadal como o concerto de Malenne contaron cunha gran afluencia de público.