Skip to main content
A Pobra do Brollón

Remata o XIV Concurso de Tapas da Pobra do Brollón cun moi bo sabor de boca

Por 9 Decembro, 2023Decembro 10th, 2023Sin comentarios

O XIV Concurso de Tapas da Pobra do Brollón vén de rematar despois de sete días de sabor, gastronomía e cultura no municipio da Guimaralia, no que participaron centros de veciños e veciñas, así como o equipo de Goberno.

Así, o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, tampouco se quixo perder esta ocasión para compartir cos cidadáns esta iniciativa deliciosa e completou a rolda de tapas polos bares participantes.

Desta maneira, aproveitou para conversar e compartir momentos coa veciñanza, traballadoras do Obradoiro de Emprego e con persoal e usuarias do Centro de Día, que tamén se animaron a degustar as tapas.

Maceda salientou o Concurso de Tapas como unha iniciativa “que non só dinamiza a hostalería local se non que tamén propicia crear comunidade sendo punto de encontro de veciñas e veciños”.