Skip to main content
A Pobra do Brollón

Catorce grupos de música protagonizaron na Guimaralia a XI edición dos Cantos de Taberna

Por 13 Decembro, 2023Decembro 14th, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón acolleu a música e a festa promovida polos cartorce grupos que circularon polos seis bares do municipio na XI edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón, repartidos entre A Pobra do Brollón, Salcedo e Cereixa.

Desta maneira, a Guimaralia enchouse de música e troula este pasado sábado coa participación de decenas de veciños e veciñas que desfrutaron desta ocasión festiva en diferentes espazos locais.

Desde o Concello da Pobra do Brollón, ademais, quixeron facerlle unha mención especial a Son do Brollón, grupo de nova creación formado por alumnado da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, e ao seu profesor Lois Prado.