Skip to main content
A Pobra do Brollón

Os nenos e nenas do Obradoiro de Teatro con Merche Pérez representarán unha obra teatral este mércores

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

As nenas e nenos do Obradoiro de Teatro con Merche Pérez ‘Mundo rural mundo cultural’ realizarán unha mostra aberta ao público este mércores, 20 de decembro, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ a partir das 19.00 horas.

O grupo de Primaria amosará o proceso de creación e adaptación da obra de teatro ‘A mentireira historia da Carapucha verdadeira’ de Serafín Parcero Pérez (da editorial Fervenza).

Ademais, as persoas participantes, xa que a entrada é gratuíta ata completar o aforo, poderán ver tamén ao grupo de infantil, que amosará a creación de pezas breves.