Skip to main content
A Pobra do Brollón

Comando Curuxás actuará na Guimaralia este venres, na que haberá tamén foliada

Por 19 Decembro, 2023Decembro 20th, 2023Sin comentarios

A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ do Concello da Pobra do Brollón acollerá este venres, 22 de decembro, a actuación de Comando Curuxás, que xa estivo na Feira Guímara do ano pasado.

Así, Comando Curuxás volve á Guimaralia con novos temas, pero “as mesma ganas de festa”, explican desde o Goberno loca, que presentan a este grupo como un dos mellores para este tipo de iniciativas.

As persoas interesadas en participar poderán facelo pagando unha entrada solidaria, que servirá como diñeiro recadado para o banco de alimentos e deberá ser un kg de alimentos non perecedoiros.

Ademais, anímase ás persoas participantes a levar os seus propios instrumentos, xa que haberá unha foliada post-concerto, así como barra de bebidas para desfrutar da festa.