Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón inspira o novo libro de Pilar Macía, que será presentado este sábado

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

A escritora Pilar Macía presenta a súa segunda novela, ‘El poblado de las ánimas’, novamente ambientada na Pobra do Brollón o vindeiro 23 de decembro, sábado, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 19.00 horas.

Esta novela, de xénero policial, ten o lugar de San Vitoiro como escenario moi relevante e cheo de misterio, xa que como di a súa sinopse: “Os rumores sobre o val de San Vitorio foron constantes na vida dos veciños da Pobra: cando chega a noite e cunha misteriosa rocha como testemuña, escóitanse murmurios no poboado das ánimas… Conseguirán silencialos o sarxento Sierra e a axente Uría?

Todos os veciños e veciñas interesados en participar desta iniciativa, na que se presentará o libro da man da autora, poderán acudir á Casa da Cultura de forma gratuíta.