Skip to main content
A Pobra do Brollón

O espectáculo ‘Oh-pera’ chega ao pavillón da Pobra do Brollón este venres

Por 27 Decembro, 2023Decembro 28th, 2023Sin comentarios

O pavillón municipal da Pobra do Brollón acolle o espectáculo ‘Oh-pera!’ este venres, 29 de decembro, a partir das 19.00 horas. Ao principio, ía ser na Casa da Cultura, pero desde o Concello sosteñen que “o espectáculo precisa de maior altura”.

‘Oh-pera!’ é un show innovador para todos os públicos que mestura teatro, humor e circo. Estará repleto de equilibrios, acrobacias e técnicas aéreas, porque “en Oh-pera!, ao igual que na vida, non existe estabilidade, senón andar en equilibrio…”.

Así, comentan que ao cambiar o espazo, recomendan asistir abrigados, xa que o pavillón non conta con calefacción. A entrada é solidaria e o recadado irá para o banco de alimentos.