Skip to main content
Quiroga

O Apalpador visitará Quiroga o vindeiro 23 de decembro

A Área de Cultura de Quiroga, encabezada por Xosé Manuel Fernández, anuncia que este ano estará no municipio a figura do Apalpador, o visitante galego do Nadal.

Así, o días 23 de decembro pola mañá paseará polas rúas e prazas da vila quiroguesa para que a veciñanza poida desfrutar da súa presenza e rematará na Casa da Cultura, onde contará uns contos divulgativos para todas as persoas asistentes.

Desde o Goberno local informan de que nos vindeiros días irán informando de como se concretará esta visita ao Concello por parte do Apalpador.