Skip to main content
Quiroga

A Casa da Cultura de Quiroga ofrece un Concerto de Nadal o sábado 16

Por 13 Decembro, 2023Decembro 22nd, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 16 de decembro o Concello de Quiroga acolle unha nova proposta musical como parte da programación para estas festas.

Os veciños e veciñas poderán gozar a partir das 18.00 horas do Concerto de Nadal. O espectáculo terá lugar na Casa da Cultura.

No evento, que conta coa colaboración do Concello, da Unesco e de Montañas do Courel, actuarán a Coral Polifónica de Quiroga e a banda de gaitas San Martiño.