Skip to main content
Quiroga

Os socios e sociais do Centro Social de Quiroga desfrutaron dunha cea de Nadal e o concerto de Os Parentes

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

Uns 80 socios e socias do Centro Social de Quiroga participaron nunha cea especial de Nadal como cada ano que se ofrece gratuitamente a todos os socios por parte do Goberno local.

Así, o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera e Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais, así como outros concelleiros do equipo de Goberno achegáronse ata a cafetería do centro onde se celebraba a cea.

Concretamente, Xosé Manuel Fernández púxose a disposición de todos os socios no referente aos servizos sociais e dixo, con respecto ao Centro Social, que ten a intención de “recuperar a actividade que tiña o centro antes da pandemia, continuando coas cousas boas e mellorando as demais, para facer deste lugar a casa de todos”.

Despois da cea, tivo lugar un concerto do grupo de Sober, Os Parentes, que animaron a velada, na que socios e socias non dubidaron en animarse a bailar para rematar esta xuntanza que xa se converteu nun importante evento anual para todos eles. Este concerto foi organizado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e tras as xestións do concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández.