Skip to main content
Quiroga

Os nenos e nenas do CEIP de Quiroga visitaron a Casa Consistorial do Concello

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

A Casa Consistorial vén de recibir a visita dos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Quiroga, acompañados dos seus profesores, que participaron nesta visita institucional con motivo do Día da Constitución do pasado 6 de decembro.

Foron recibidos polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera Castro, no salón de actos, quen lles explicou que nesa sala era onde se reunía a corporación municipal deste concello para tomar decisións que afectaban o resto da veciñanza.

Entre as numerosas anécdotas que deixou esta visita, estivo a pregunta do alcalde, de a quen lle gustaría ser o alcalde ou alcaldesa deste concello algún día e foron moitos e moitas os que contestaron que algún día se vían ocupando algunha destas cadeiras do salón de plenos.

A visita as instalacións municipais rematou cunha petición que lle leron os alumnos ao alcalde e coa entrega dun pequeno agasallo e unhas larpeiradas de parte do Goberno local.