Skip to main content
Sober

Este Nadal énchese o centro sociocultural de Sober de actividades

Por 7 Decembro, 2023Decembro 8th, 2023Sin comentarios

O Concello de Sober pon en marcha diferentes iniciativas co fin de que a veciñanza do municipio desfrute destas datas sinaladas de Nadal.

Así, este sábado, 9 de decembro, terá lugar o Concerto de Aida Gimeno como primeira actividade, para logo dar paso á inauguración do Belén e acendido do alumeado de Nadal na praza do concello a partir das 18.30 horas.

Pola súa parte, o día 16 terán lugar os Cántigos de luz e nadal da man de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa na igrexa de Bolmente ás 18.30 horas; mentres, o 17 terá lugar o Festival de Nadal na Escola Municipal de Música de Sober no centro sociocultural ás 18.30 horas.

Xa o 21 chegará Papá Noel á vila tanto ao PAI, ás 12.00 horas, como ao Ceip Plurilingüe Virxe do Carme, ás 12.30 horas. Ademais, o día 23 terá lugar un concerto con En clave de fado Os Carunchos ás 19.00 horas no centro sociocultural.

Para rematar decembro, os días 27 e 28 haberá unha festa infantil de Nadal no pavillón do colexio a partir das 16.30 horas os dous días e o 28, ademais, terá lugar o Concerto de Nadal de María do Ceo no centro sociocultural de Sober a partir das 20.00 horas.

Pola súa banda, en xaneiro organizarase o día 3 un Cantos de Reis ‘O Trícole’ e o 5 terá lugar a visita dos Reis Magos a partir das 12.00 horas; ámbalas dúas actividades no centro sociocultural de Sober.