Skip to main content
Sober

Bolmente, en Sober, acolle un Mercado de Nadal este sábado

O local social de Bolmente, en Sober, acolle este sábado, 9 de decembro, un Mercado de Nadal entre as 11.00 e as 20.00 horas, no que haberá produtos artesáns e de segunda man.

Ademais, as persoas que se acheguen ao local desta parroquia de Sober poderán ver produtos de cerámica, crochet, candeas, lá, libros, galletas e roupa de segunda man.

Tamén haberá actividades para os máis pequenos, como o taller de decoración de Nadal para peques ás 11.30 horas e o contacontos Anxo Moure ás 16.00 horas.

As persoas asistentes tamén poderán desfrutar dun chocolate con churros solidario, que os asistentes poderán pagar e esta será unha aportación para a ONG Hospitaleros sin Fronteras.