Skip to main content
Taboada

Continúa a mellora dos distintos lugares do Concello de Taboada

Por 18 Decembro, 2023Decembro 19th, 2023Sin comentarios

O Goberno local de Taboada, representado por Roi Regueira, vén de informar das diferentes actuacións no municipio efectuadas pola brigada de obras e servizos do Concello na pasada semana, consistentes en traballos de mellora.

Así, limpáronse cunetas e a fonte de Vilela, retiráronse árbores caídas en vías públicas, como en Sobrecedo ou San Pedro; acondicionáronse varios elementos da vía pública, substituíronse contedores en mal estado e limpáronse sumideiros na vila.

Ademais, acondicionouse a pista que vai da Medela a Castelo e a fonte e lavadoiro do lugar de Caxín, así como se solucionaron diversas avarías provocadas pola auga en distintos puntos, atendendo tamén ás diversas incidencias.

Desde o Goberno local valoran positivamente estes traballos, que melloran a vida dos veciños do municipio e informan de que se seguirán supervisando as distintas obras a realizar en vindeiras datas, para seguir acondicionando todos os lugares de Taboada.