Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

Descubrindo o patrimonio: Igrexa de Santa María de Albán de Sarria

Por 25 Decembro, 2023Decembro 26th, 2023Sin comentarios

Imaxe de Pío García

Por Jessica Fernández Cerdeira.

A Igrexa de Santa María de Albán de Sarria é un dos máis importantes recursos patrimoniais da comarca e o municipio de Sarria, localizada ao sur de Sarria, na estrada local de Lamarrigueira a Cedrón (Piñeira).

Esta construción, que data do século XII, en pleno esplendor románico, estudada polo eclesiástico e escritor galego nado en Sarria Francisco Vázquez Saco, pero tamén por  Elías Valiña Sampedro, coñecido como o cura do Cebreiro, e por Xaime Delgado Gómez, clérigo de Taboada e tamén escritor de diferentes libros. Este templo, ademais, está incluído dentro da nómina de posesións do Mosteiro de San Julián de Samos.

A Igrexa foi concibida seguindo un esquema de nave única e cabeceira cuadrangular, un recurso propio do románico primitivo do rural galego, a pesar de ser de cronoloxía tardía e contemporánea ás súas veciñas e que foi sometida a reformas posteriores.

Máis elementos da igrexa

A igrexa ten unha nave cuberta a dúas augas e destaca a súa portada principal con arco de medio punto, de dous arquivoltas en aresta, abrazadas por una moldura saínte de perfil, un interior con billetes, á dereita está biselada e á esquerda é de listel e franxa biselada con finos billetes.

A porta ten dúas columnas en cada lado reforzadas e con bases torácicas enriba de plintos e os seus capiteis teñen unha sinxela ornamentación e con follas e dentes de serra; esquerdos, exterior con tres bolas e catro cordas secantes.

Pola súa parte, o tímpano ten un relevo cruciforme e circular rexistrado nun cadrado e sostido por esquemáticas mochetas saíntes con rolos anelados e xambas en aresta, cunha decoración a base dun cuadrilóbulo no que engarza un clípeo circular, elemento similar ao existente na única porta románica sobrevivente da primitiva abadía románica de Samos.

A espadana é sinxela, con oco para un pequeno sino, e a ábsida rectangular, que é máis baixa e reducida que a nave protexida por arco de medio punto, impostas con bólas, capiteis de follas carnosas con froitos.

Laterais e retablo no interior, e cemiterio no exterior

Con respecto aos laterais, o norte está cuberto pola sancristía e a porta norte está a alintelada por un tímpano que oculta no interior un arco de medio punto, mochetas saíntes con rolo anelado, xambas en aresta e unha seteira.

No seu caso, o lateral sur ten unha seteira e unha pedra saínte, pero tamén hai unha fiestra rectangular posterior, seis modillóns historiados con bolas, rolos e un grande busto dun home sobre o que descansa una cornixa biselada con bolas e un ornato que se estende á parte posterior da ábsida.

Por último, o retablo que hai no interior da igrexa data do século XVII, é dicir, cinco séculos máis adiante que a propia construción da igrexa, e contén diversas imaxes relixiosas, como son a Virxe da Asunción, Santiago Peregrino, San Xosé, o Santo Bispo.

Tamén hai no interior un peto de ánimas unha lámpada de meta sinxela con tres vieiras.

Por último, no exterior, a Igrexa de Santa María de Albán conta cun adro-cemiterio con sepulturas baixas, agás o viaduto de Albán, que introduciu un forte impacto visual.