Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

Os comerciantes de Láncara promoven unha nova iniciativa para festexar o Nadal

Os comerciantes da Pobra de San Xiao de Láncara veñen de informar aos veciños e veciñas de Láncara sobre unha nova iniciativa que van desenvolver durante este Nadal.

Esta consiste en animar a toda a veciñanza a participar no evento ‘As campanadas dos nenos’, que inclúe a todas as persoas de entre 0 e 99 anos con espírito festivo e con ganas de festexar estas datas sinaladas.

Así, o vindeiro 29 de decembro convocan a todos os veciños a xuntarse na Praza da Alegría para pasar unha tarde divertida e celebrar o novo ano que estará por vir.