Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

O comercio de Láncara segue sumando iniciativas para festexar o Nadal

Por 6 Decembro, 2023Decembro 7th, 2023Sin comentarios

O comercio de Láncara continúa sumando iniciativas para celebrar a festa do Nadal, uníndose entre os comerciantes para facer “medrar o pobo”, tal e como explican.

Así, o luns 11 de decembro encenderase a iluminación a partir das 19.00 horas, momento no que os establecementos participantes da iniciativa na Pobra de San Xiao levarán a cabo a iluminación do centro urbano de Láncara.

Pola súa parte, o vindeiro día 29 terá lugar as ‘Campanadas dos nenos’ en horario de 16.30 a 20.30 horas na praza da Alegría, e o mesmo día abrirase o Mercado de Nadal no mesmo horario e lugar.

Xa en xaneiro, o día 4 celebraranse os Cantos dos Reis durante todo o día en todos os establecementos participantes da Pobra de San Xiao e tamén se recollerán as cartas destinadas aos Reis Magos que queiran entregar os máis pequenos.