Skip to main content
Paradela

A Casa Consistorial de Paradela de Pacios poderá ser parte da administración local

O Concello de Paradela está a negociar coa intención de comprar a antiga Casa Consitorial localizada no núcleo de Pacios, no casco antigo de Paradela, e así formar parte do Concello.

A intención é que a administración local sexa a propietaria do inmoble para poñer en marcha neste edificio un proxecto relacionado co ámbito hoteleiro e de turismo que poida beneficiar a todo o municipio.

A tamén coñecida como a Casa do Secretario, é unha construción de gran valor para o alcalde, José Manuel Mato, que defende o patrimonio e tradición que desprende, así como a súa localización, “en pleno corazón de Paradela”.