Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela vén de agasallar aos nenos do colexio cunhas mochilas

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

A concelleria Belén López do Concello de Paradela fixo entrega ás nenas e nenos do Ceip Plurilingüe San Miguel de Paradela dunhas mochilas para que as enchan de soños, ledicia, agarimo e ilusións.

Esta acción, levada a cabo por Goberno local, é unha maneira de promover accións dedicadas no colexio de Paradela para desexarlles aos máis pequenos do municipio un bo Aninovo.

Ademais, a comunidade educativa estivo implicada nesta acto, no que conversaron coa concelleira sobre o estado actual do colexio e das necesidades para o vindeiro ano.