Skip to main content
Samos

Algúns usuarios das vivendas comunitarias de Samos participaron nunha actividade no colexio

Por 7 Decembro, 2023Decembro 8th, 2023Sin comentarios

Algúns dos usuarios das vivendas comunitarias para a terceira idade de Samos foron convidados pola directiva do Ceip Samos para participar nun taller de Nadal conxuntamente co alumnado do centro.

Así, desde o Ceip explican que “o pasaron en grande e fixeron unha chea de cousas”. Ademais, desde o centro educativo agasallaron ás persoas que non puideron acudir á iniciativa cun detalliño e unha postal personalizada.

Pola súa parte, a alcaldesa de Samos, Chus López, xunto co equipo de Goberno, agasallou aos participantes do taller cunhas mochilas con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.