Skip to main content
Samos

A Asociación de Comerciantes de Samos promove unha excursión a Portugal e Vigo para os veciños

Por 12 Decembro, 2023Decembro 13th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes de Samos organiza para o vindeiro sábado 16 de decembro unha excursión a cultural a diferentes lugares con motivo do Nadal.

Así, coa colaboración do Concello de Samos, as persoas que se animen a participar desta iniciativa, poderán visitar Vilanova de Cerveira, Monçao, con parada para xantar e Vigo, para ver as súas luces.

Os veciños e veciñas de Samos que teñan interese por participar desta excursión, xa poden apuntarse no propio Concello ou chamando á Asociación de Comerciantes, que informa de que a saída será o sábado ás 08.00 horas desde Samos.