Skip to main content
Samos

O PP de Samos pon en valor o investimento da Xunta de Galicia para mellorar a estrada de acceso a Frexulfre

Por 17 Decembro, 2023Sin comentarios

O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, pon en valor a colaboración prestada pola Xunta de Galicia para que no concello de Samos, a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais.

Grazas a ela, explica, púidose asfaltar a estrada de acceso a Frexulfre e fíxose unha praza pública para o desfrute de todos os veciños neste mesmo núcleo. Nestas intervencións, “que xeraron un impacto moi positivo entre os veciños”, explica Gallego, a Xunta investiu máis de 37.000 euros.

Miguel Gallego ademais, anunciou novos investimentos por parte da Xunta de Galicia no municipio, como a mellora da pavimentación dun dos accesos máis transitados á aldea de Aián, que terá un investimento de 13.000 euros.

“Con esta nova actuación, o investimento da Xunta en Samos aumentará aos 50.000 euros”, explicou, “que confirman o compromiso do goberno galego co rural de Samos, pero seguiremos traballando para acadar novas investimentos para solucionar todas as necesidades do municipio”, rematou.