Skip to main content
Samos

A Biblioteca Municipal de Samos acolle unha festa de pre-Fin de Ano

Por 28 Decembro, 2023Decembro 29th, 2023Sin comentarios

A Anpa do Ceip Samos organiza unha festa pre-fin de ano na Biblioteca Municipal para todas as nenas e nenos do municipio e tamén para as súas familias.

Esta terá lugar o día 30 de decembro a partir das 17.30 horas, cando abrirán as portas para dar cabida a todos os veciños e veciñas do municipio de Samos, que desfrutarán do contacontos ‘As árbores atrapadoras de contos’, o obradoiro ‘árbores do nadal’ e a visita do apalpador, todo isto da man de Anxo Moure.

Entre as actividades programadas, haberá un obradoiro ‘Ponte guapo’, pinta caras para os nenos e nenas e tamén badaladas de fin de ano para encher de ilusión aos máis pequenos.