Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Comeza o XVI Concurso de Tapas Tapicheo 2023 de Sarria, que durará ata o sábado

Por 5 Decembro, 2023Decembro 6th, 2023Sin comentarios

Comeza o XVI Concurso de Tapas Tapicheo ’23, organizado pola Concellaría de Turismo de Sarria en colaboración co sector da hostalaría local e que se celebrará ata o vindeiro sábado, 9 de decembro, cun total de 19 establecementos participantes distribuídos en cinco rutas e cun horario mínimo de degustación das tapas de 20.00 a 23.00 horas.

A primeira ruta confórmana Restaurante Camping Vila de Sarria, Mesón O Castro, Adarve e Barullo Bar; a segunda, Cafetería El Parisién, Taberna D ́Orixe, Don Pepe e Hotel Alfonso IX; a terceira, Cafetería Santiago, Cafetería Next, La Isla e Pan-Team; a cuarta, Al Paso To Go, Cafetería Central, Café Bar París e 8mm; e a quinta, Cafetería Bar Cubano, Café Bar Andión e Mesón O Tapas.

Segundo as bases do concurso, aqueles clientes que completen a súa tarxeta de votación cos selos dos 19 establecementos poderán participar no sorteo dun bono regalo consistente nunha viaxe e tamén no sorteo dos demais premios.

Precisamente, eses outros premios, aos que tamén poderán optar aqueles clientes que completen polo menos 15 selos, son os seguintes: unha cea ou comida para dúas persoas por cortesía de Cafetería Cubano, unha cea para dúas persoas (Barullo Bar), unha cea para dúas persoas (Café Bar París), unha botella magnum de Arnegui (Cafetería Central), unha caixa de botellas de viño Rioja (Taberna D ́Orixe), un lote de viños Marieta (Adarve), catro lotes de produtos gastronómicos e unha tarxeta regalo por cortesía de Halcón Viajes Sarria.

As tarxetas de votación, debidamente cumprimentadas, poderanse introducir nas urnas situadas nos locais participantes ata o domingo 10 de decembro.