Skip to main content
ParadelaSamosSarriaTriacastela

Investiranse máis dun millón de euros para a conservación do Camiño Francés

Por 9 Decembro, 2023Decembro 10th, 2023Sin comentarios

A presidenta da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, Olga Iglesias, reuniuse co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen compartiu con ela a folla de ruta da Xunta de Galicia para o vindeiro ano con máis de 1 millón de euros para conservación e mantemento deste itinerario.

Como lle trasladou o responsable, no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27, o Goberno autonómico ten previsto un investimento que superará o millón de euros para sinalización, mantemento e conservación deste trazado durante o vindeiro ano e que se suma a outras acción transversais incluidas no Plan Director.

Ademais, salientou tamén a importante actividade levada a cabo pola mancomunidade, entidade coa que desde a Xunta se mantén unha estreita colaboración desde hai anos, traballando xuntos para dinamizar o Camiño Francés, cun convenio bianual para melloras paisaxísticas e tamén para programación de actividades culturais nos concellos que forman parte da mancomunidade.

Xosé Merelles e Olga Iglesias, abordaron tamén varios aspectos referidos ao 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade e compartiron a programación prevista pola Xunta de Galicia, que se se estenderá ata o 17 de decembro con distintas actividades abertas ao público, como unha exposición, un concerto ou a presentación dun libro, así como con xornadas de reflexión e debate sobre o presente e futuro do Camiño de Santiago.