Skip to main content
Sarria

A ACES presentou a súa campaña de Nadal, que premiará algún veciño ou veciña con mil euros

Por 13 Decembro, 2023Decembro 14th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) vén de presentar a campaña de Nadal nun dos establecementos pertencentes ao colectivo, a ‘Juguetería 1,2,3 Escondite Inglés’.

A presentación da campaña correu a cargo de Andrea Sánchez, xerente da ACES, a cal explicou as actuacións previstas para este ano, acompañada por Miriam socia do establecemento.

“Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria apostamos por dar vida ao nadal, embelecendo os escaparates dos nosos comercios con decoración do nadal, creando un ambiente de Nadal”, explica.

Así, din que o comercio e hostalaría da vila desexa transmitir alegría e ilusión nestas datas, polo que o vindeiro venres 15 e ata o 31 de decembro haberá na rúa de novo ‘O Lotón’ na súa séptima edición.

Desenvolvemento da campaña

As compras entre as datas sinaladas farán que un cliente do CCU de Sarria gañe mil euros, que deberá gastar de novo no comercio asociado. Esta é a actividade central da campaña, cun premio moi apetecible entre os consumidores do CCU.

Estes mil euros que premiarán a fidelidade dos consumidores ao pequeno comercio e a persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis, pero o sorteo terá lugar nas redes sociais de ACES o martes 2 de xaneiro.

Ademais, os establecementos asociados poderán participar un ano máis no concurso de escaparates, que ten como obxectivo a posta en valor dos negocios locais a través das votacións do público nas redes sociais.

Por outra banda, contarase con animación na rúas para nadal, xa que estará Papá Noel do CCU de Sarria e outro día un Paxe Real, e os clientes e viandantes poderán sacar fotos con eles.

Así, conclúen que dende a Asociación “búscase a maior implicación do comercio local e hostalaría, cos veciños e veciñas da Comarca así como que todos e todas apoiemos o comercio de proximidade”.